A campaña de Bonos Prepago quere facilitar á clientela do comercio e hostalaría de Allariz o apoio a estes locais por medio da adquisición de bonos prepago, que poderán gastar unha vez que estes locais poidan volver abrir as súas portas despois do estado de confinamento pola Covid-19.

Podedes adquirir bonos de dous tipos

1. Bonos de 25 €. Cada bono dá dereito a un agasallo consistente nun LIBRO ou DVD a elixir (1).

2. Bonos de 50 €. Cada bono dá dereito, amais dese agasallo, a unha participación no sorteo de 500 €(2) que organizará o grupo de empresas Amigas BenComún.

Condicións da campaña:

– O importe de cada bono deberá gastarse integramente nun único negocio. No momento da adquisición deberase consignar que establecemento é o destinatario, así como o agasallo elixido.
– Non poderán participar nesta campaña as persoas propietarias dos negocios participantes nin familiares directos.
– A campaña estará activa ata o día 1 de xuño, este incluído.
– O prazo para gastar un bono será ata 2 meses despois de que se permita abrir ao público o local escollido para gastar ese bono concreto.
– A compra
dos bonos prepago realizarase na páxina creada a tal efecto na web de BenComún Espazo, adquirindo os bonos por medio do pago online.
– O sorteo realizarase na semana do 1 de xuño. O premio, cunha soa persoa gañadora, consistirá en 10 bonos de 50€ para gastar nas empresas participantes.

(1) Agasallo Cultural: a elixir (*):
– Do Caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (DVD) +ver detalle
– Pan negro (LIBRO+DVD) +ver detalle
– Vidas imaxinarias (LIBRO) +ver detalle

(*) Dispoñibilidade ata fin de existencias. No caso de esgotarse algún dos artigos, substituirase por outro de valor similar.

Negocios que participan na Campaña:

A Despensa do Alarico, A Meiga de Allariz – Loterías, Aira Editorial, Arume by Trapiños / Trap.kom – Moda, Bar Petiscos, Bazar Adolfo, Café Bar As Catro Portiñas, Carabuñas – Produtos do Sabugueiro, Fina Rei Repostería Tradicional, Fío de Liño Restaurante Tapería, Gusi Domarco Servizos Informáticos, Hostal Alarico, Hotel O Portelo Rural, ImpresiónArte, Libraría Aira das letras, Libraría Maruxairas, Mírame – Moda, Oca Vila de Allariz Hotel & Spa, Punto e Coma – Libraría e Agasallos, Restaurante Casa Pepiña, Restaurante O Pepiño, Sira Domarco – Moda, Xeitura Patrimonio S.Coop.Gal