CARABUÑAS nace no 2012 coa intención de ver o sabugueiro dende outra óptica, darlle unha volta, un toque de innovación e pólo na mesa; no prato e no vaso.

Os nosos produtos están elaborados con bagas e flores seleccionadas de sabugueiro, acompañadas doutras materias primas de calidade de produtores/as ecolóxicos galegos/as. Elaborados de maneira artesanal nun pequeno obradoiro situado en Vilar de Santos (Ourense), zona declarada pola Unesco como Reserva da Biosfera Área de Allariz.

carabunhas.gal
Lugar de Saguñedo. Vilar de Santos, Ourense.
info@carabunhas.com
Tel. 672 014 380
facebook/carabunas