A Fundación Ramón González Ferreiro ten a súa orixe na vontade de Don Ramón González Ferreiro, natural da aldea de Paciños, no municipio de Allariz. Por desexo expreso del, a Fundación que leva o seu nome, pasa a ser herdeira de todo o seu patrimonio no momento do seu falecemento, acontecido en xullo de 1980, ao mesmo tempo que fixa os seus obxectivos, que se van enmarcar fundamentalmente na actividade educativa.

Inicia así, esta Fundación, unha importante andaina, que persegue dar resposta non só as necesidades de Allariz e comarca, senón tamén a algunhas das que Galiza require.

Conta cun albergue que acolle a todos os colectivos sociais legalmente constituidos para que desenvolvan os seus programas, ademais da programación propia da Fundación.

Outras actividades: Campamentos de verán: Rural Camp. Cursos de inglés e francés para rapazada e maiores de idade.
Xestión do Centro de Educación Ambiental O Rexo (CEA) e venda de Queixo de O Rexo.

Lugar Paciños, 2 (Allariz)
Tel. 988 43 61 82
fundacionrgf.org
facebook.com/Fundacionrgf
info@fundacionrgf.org