O Hotel Oca Vila de Allariz é un precioso hotel de catro estrelas situado na vila de Allariz, provincia de Ourense. Unha das vilas máis fermosas de toda Galicia a tan só 10 minutos en coche de Ourense.

A contorna natural de Allariz é dun valor ecolóxico incalculable, sendo declarado Reserva da Biosfera no ano 2005. Un marco excepcional no que aloxarte con todas as comodidades ou celebrar a túa voda ou evento con todas as garantías que che ofrece un Hotel Ica.

O Hotel Oca Vila de Allariz dispón de 39 habitacións de estilo contemporáneo exquisitamente decoradas e distribuídas en catro modalidades de aloxamento: estándar, dobre con terraza, superior e suite. Todas elas dispoñen de sofá, cadeira, escritorio, caixa de seguridade, minibar, Tv, teléfono e internet Wifi. Os baños contan con bañeira e ducha por separado, espello de maquillaxe con iluminación e secador de pelo. Un hotel 100% libre de fume ideal para a túa estancia en familia ou para a celebración de vodas ou eventos familiares ou corporativos.

O Hotel Oca Vila de Allariz conta cun espazoso salón para eventos con capacidade para 480 persoas totalmente equipado con todos os medios audiovisuais, ideal para as túas celebracións.
Dispoñemos tamén de amplos xardíns, terraza, restaurante, ximnasio, cafetería e un formidable spa para relaxarte en plena natureza. Dáte un capricho e reserva algún dos nosos tratamentos, masaxes, envolturas ou técnicas termais. Ou regálallo aos teus seres máis queridos mediante a nosa sección de bonos regalo.

Paseo Do Arnado, 1 Allariz
Tel. 988 55 40 40
www.ocahotels.com/hotel-oca-vila-allariz
reservas.viladeallariz@ocahotels.es