O noso Hotel está situado en pleno centro do casco histórico de Allariz, preto da zona comercial Outlet, con tendas de primeiras firmas, e de zonas de lecer como museos, instalacións deportivas ou o Festival Internacional de xardíns.

As habitacións do Hotel son amplas e de estilo rústico, con vigas de madeira no teito e paredes de pedra vista. Todas elas son exteriores e con vistas ao casco antigo e ao xardín da casa.

Dispomos dun amplo comedor para almorzos, que son de tipo buffet, ademais dunha sala de TV con cheminea, sala de lectura con biblioteca, servizo de bar e xardín con zona infantil. Tamén contamos cun ascensor para facilitar o acceso ás habitacións.

A escasos 30m do hotel atópase un aparcadoiro gratuíto xunto ao convento-mosteiro de Santa Clara.

Rúa do Portelo, 20 Allariz
Tel. 988 440 740606 943 530
www.hoteloportelorural.com
reservas@hoteloportelorural.com