Cando:
30 de Xaneiro de 2020 @ 21:00 – 22:30
2020-01-30T21:00:00+01:00
2020-01-30T22:30:00+01:00
Onde:
BenComún Espazo
Torre Lombarda
1 Baixo
Prezo:
3€ / Soci@s de balde
Contacto:
Teleclube O Acomodador
988 680 892

O Teleclube O Acomodador de Allariz volve proxectar a afamada e premiada película galega O que arde no seu local de proxección, no coworking BenComún Espazo, na Praza Torre Lombarda, 1.

2 DATAS / HORAS:
– Luns 27 de xaneiro ás 20:00h.
– Xoves 30 de xaneiro ás 21:00h.

ENTRADA: 3€ / Soci@s de balde

SINOPSE

Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.

ALGÚNS PREMIOS RECIBIDOS

Cannes 2019 (Premio do Xurado – Un Certain Regard; Premio á mellor creación sonora), Donostia 2019 (Perlas; Premio San Sebastián-Gipuzkoa Film Comission), Toronto 2019 (Wavelenght), Nova York 2019, Karlovy Vary 2019Festival Internacional de Cinema de Hainan (Premio do Xurado, “Coco de Ouro” ), Premios Gaudí 2020 (Mellor filme europeo e Mellor dirección de fotografía)…

FICHA TÉCNICA

  • Título orixinal: O que arde
  • Ano: 2019
  • Duración: 85 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Oliver Laxe
  • Guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol
  • Elenco: Amador Arias, Benedicta Sánchez, Inazio Abrao, Elena Fernández, David de Poso, Álvaro de Bazal
  • Montaxe: Cristóbal Fernández
  • Dirección de arte: Luis Bértolo
  • Vestiario: Nadia Acimi
  • Son: David Machado, Sergio da Silva, Amanda Villavieja, Xavi Souto
  • Fotografía: Mauro Herce

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *