Cando:
6 de Maio de 2019 @ 21:00 – 22:45
2019-05-06T21:00:00+02:00
2019-05-06T22:45:00+02:00
Onde:
BenComún Espazo
Torre Lombarda
1 Baixo
Prezo:
7€
Contacto:
BenComún Espazo
988 680 892
Cabalo Diñeiro. TELECLUBE BenComún. 1ª proxección @ BenComún Espazo

Proxección da película Cabalo Diñeiro  no TELECLUBE de BenComún (1º pase).

Cabalo Diñeiro Ver ficha na web de NUMAX

Nos longos e silenciosos corredores dun hospital, avanza a figura trémula de Ventura, posuído por un soño febril. Lembra o seu Cabo Verde natal, que abandonou na súa xuventude para se gañar a vida en Lisboa, onde, ao igual ca os seus, viviu sempre desprazado. Vitalina, que viaxou a Portugal para asistir ao funeral do seu esposo, recórdalle a Ventura unha pelexa adolescente na que este acoitelou a outro home. Na mente de Ventura ábrese un pasadizo secreto entre a Lisboa actual e o 25 de abril de 1974. Mentres a revolución ruxe nas rúas, a xente busca a Ventura, perdido no bosque.

Título orixinal: Cavalo Dinheiro
Ano: 2014
Duración: 105 minutos
Dirección: Pedro Costa
Guión: Pedro Costa
Elenco: Ventura, Vitalina Tavares Varela, Tito Furtado, Benvindo Tavares, António Santos, Alberto ‘Lento’ Barros, Pedro Tavares, Isabel Cardoso, António Semedo, Luiz Mendonça, Arlindo Pina
Montaxe: João Dias
Son: Olivier Blanc, Vasco Pedroso, Hugo Leitão, Éve Correa-Guedes, Branko Neskov
Música: Os Tubarões
Fotografía: Leonardo Simões, Pedro Costa

Proxeccións dispoñibles:
1.- luns 6 maio ás 21:00h
2.- xoves 9 
maio ás 21:00h 

Preme aquí para adquirir e pagar online o teu pase individual

BenComún Espazo vai desenvolver, durante o ano 2019 e dentro das actividades do espazo, a presentación e visionado de diferentes obras cinematográficas, ofrecendo ás persoas que estean interesadas a participación nesta actividade que denominamos “Teleclube”.
Aquí podes ler e descargar o Regulamento completo do TELECLUBE 2019