Cando:
27 de Decembro de 2018 @ 11:30 – 13:00
2018-12-27T11:30:00+01:00
2018-12-27T13:00:00+01:00
Onde:
BenComún Espazo
Praza Torre Lombarda
1. Baixo. Allariz
Prezo:
10€ - 12€
Contacto:
Xeitura Soc. Cooperativa
609 474 976
Chegaron os cavernícolas! Historia para nen@s con Xeitura @ BenComún Espazo

Aínda que chamados cavernícolas, os homes e mulleres prehistóricos eran tan intelixentes coma nós. Ven coñecer e aprender sobre eles e déixate sorprender coa súa tecnoloxía, moito máis complexa do que nós pensamos. Achegarémonos ao mundo da prehistoria e coñeceremos as primeiras representacións artísticas, como as facían, que representaban e por que o facían.

Dirixido a: Nen@s:  de 7 a 11 anos.

Horario: 11:30 – 13:00 h.

Número Participantes:  mínimo para realizar o obradoiro  5 e o máximo 10.

Custo (inclúe todos os materiais empregados na actividade): 12 €/nen@ 

Descontos: familias numerosas e irmás/ns. 10 €/ nen@.

Recomendacións: Traer roupa e calzado cómodo e un pequeno petisco+auga.

Local da actividade: BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1. Allariz)

27 DECEMBRO: CHEGARON OS CAVERNÍCOLAS!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *