Cando:
13 de Outubro de 2018 @ 22:00 – 23:45
2018-10-13T22:00:00+02:00
2018-10-13T23:45:00+02:00
Onde:
Patio do Museo do Coiro
Rúa da Granxa
3. Allariz
Ourense
Prezo:
12€ / 6€
Contacto:
Poemagosto - Festival Internacional de Poesía en Allariz
Concerto Tanxedoras no V Poemagosto @ Patio do Museo do Coiro

As Tanxedoras chegan ó Poemagosto co seu 3º traballo discográfico, “1952”, que leva por subtítulo “Homenaxe a Alan Lomax”.

O proxecto TANXEDORAS xorde en Vigo no ano 2003 promovido por un grupo de cantareiras que, tras formar parte de diversas agrupacións folclóricas, xuntáronse para traballar arredor dunha idea común: a recuperación do legado musical de Galicia.

A formación inicial do grupo constaba de 5 membros, e dende o ano 2017 continúa a súa andaina a cargo de 3 das fundadoras iniciais: Leni Pérez, Margó Gayoso e María Silva.
Para este concerto contan coa colaboración do recoñecido acordeonista Roberto Comesaña.
no que presentan o seu terceiro disco

TANXEDORAS non son un grupo de música tradicional sen máis; cantan o de sempre, pero dende unha marca de seu. “Cando cantamos música tradicional, facemos inventario do que somos, do que fomos e do que queremos ser”.

TANXEDORAS emprega nas súas actuacións os instrumentos característicos da percusión galega: pandeireta, pandeiro e pandeira, así como os chamados “instrumentos pobres” (tixolas, legóns, culleres, cunchas), ademais de gaita e acordeón.

Estas mulleres galegas soben ao escenario sabedoras de que atesouran, como bagaxe sagrada dentro das súas gorxas, as músicas todas da tradición galega.

Hoxe podedes mercar as entradas ou entrada + camiseta na mesa da organización do Poemagosto, no Patio do Museo do Coiro.