Cando:
9 de Abril de 2019 @ 20:00 – 21:30
2019-04-09T20:00:00+02:00
2019-04-09T21:30:00+02:00
Onde:
BenComún Espazo
Torre Lombarda
1 Baixo
Prezo:
7€
Contacto:
BenComún Espazo
988 680 892
La idea de un lago. TELECLUBE BenComún. 2ª proxección @ BenComún Espazo

Proxección da película La idea de un lago no TELECLUBE de BenComún (1º pase).

La idea de un lago Ver ficha na web de NUMAX

Inés prepara a edición do seu libro fotográfico durante os últimos días do seu embarazo. Revive os veráns da súa infancia en Villa La Angostura, ao pé do lago. Os xogos, os pactos de sangue entre irmáns, os desencontros a as lembranzas que non existen cobran vida a partir das fotografías. Reábrense antigas feridas que truncarán as relacións de Inés coa súa exparella, a súa nai e o seu irmán. Iniciamos unha viaxe emocional habitada pola pantasma dun pai ausente, nun evocador exercicio de construción poética da memoria.

Dirección: Milagros Mumenthaler
País: Arxentina, Suíza.
Idioma orixinal: castelán
Ano: 2016
Duración: 82 minutos
Calificación por idades: Todos os públicos

Proxeccións dispoñibles:
1.- luns 8 abril ás 20h
2.- martes 9 
abril ás 21:00h 

Preme aquí para adquirir e pagar online o teu pase individual

BenComún Espazo vai desenvolver, durante o ano 2019 e dentro das actividades do espazo, a presentación e visionado de diferentes obras cinematográficas, ofrecendo ás persoas que estean interesadas a participación nesta actividade que denominamos “Teleclube”.
Aquí podes ler e descargar o Regulamento completo do TELECLUBE 2019