Praza Torre Lombarda
1 Baixo (Allariz)
La Melodie Ácide. JOAN MIRÓ. Exposición en BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1 Baixo · Allariz)
14 litografías realizadas para ilustrar o libro de Patrick Walberg “La Mélodie Acide” impresas en cor sobre papel Arches asinadas na prancha e numeradas a lapis.
Copias impresas das placas orixinais e limitadas a 1.500 exemplares á parte das edicións anteriores.
Publicado e impreso por Edicións Polígrafa, S.A. en Barcelona no ano 1980.
A serie replica unha soa forma que se transforma mediante o uso de liñas e cores. As liñas melodiosas e esborranchadas están equilibradas pola acidez e a tecnicidade do proceso litográfico que transmite riqueza ás variadas cores.
Horario de visita: días laborables de 9h a 14h e de 16h a 18h
Para visitas fóra dese horario ou en fin de semana, por favor consultar chamando ó teléfono 988 680 892
Es la primera vez que visitó el centro y me gustaron mucho las obras y la atención .