Cando:
20 de Outubro de 2018 @ 11:00 – 14:30
2018-10-20T11:00:00+02:00
2018-10-20T14:30:00+02:00
Onde:
BenComún Espazo
Torre Lombarda
1 Baixo
Prezo:
80
Contacto:
BenComún Espazo
988 680 892
Obradoiro Creación Audiovisual con Anxos Fazáns - Adultos @ BenComún Espazo

Neste obradoiro de creación audiovisual os alumnos desenvolverán as habilidades suficientes para crear as súas propias pezas audiovisuais que se poderán proxectar publicamente nun evento ao final do curso. Coñecerán as bases da narración cinematográfica a través de visionados e prácticas, alcanzarán un espírito crítico como espectadores e mellorarán as súas capacidades técnicas e creativas no entorno das novas tecnoloxías.

Dirixido a maiores de 15 anos.

Non é necesario contar con experiencia nin estudos específicos en audiovisuais.

DÍAS

20 e 21 de outubro
3 e 4 de novembro

HORARIO
de 11h a 14.30h

PROGRAMA

DÍA 1. A IDEA. Teoría e práctica do guión cinematográfico.

DÍA 2. PRODUCIÓN E MEDIOS AUDIOVISUAIS. Análise do guión realizado para a súa produción. E nocións básicas das técnicas de captación de imaxe e son.

DÍA 3. RODAXE. A partir do plan de rodaxe desenvolverase unha rodaxe seguindo os esquemas profesionais.

DÍA 4. EDICIÓN E POSPRODUCIÓN. Traballase na edición da peza para a súa proxección, así como na edición e posprodución de imaxe e son.

PROXECCIÓN. Producirase un evento público no que os alumnos e as titoras expoñerán as súas conclusións despois do curso e no que se poderá ver a peza audiovisual final.

Anxos Fazáns (profesora do obradoiro).

Traballa no guión, dirección e edición de diferentes proxectos audiovisuais. “A Estación Violenta”, adaptación da novela homónima de Manuel Jabois, producida por Matriuska, supón a súa primeira longametraxe. O filme acaba de ser estreado en salas de cine comerciais despois do seu paso por festivais (Seff, Bafici, D’A, Sanfic e Cineuropa). Graduada en Comunicación Audiovisual pola Uvigo posteriormente estuda o Máster de Dirección de Cine da ESCAC. Durante a súa aprendizaxe desenvolve a webserie “Fame”, gañadora do Premio á mellor webserie en lingua galega no Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay 2015 e finalista dos Premios Mestre Mateo 2015. Realizou as curtametraxes “Direcciones” e “Nacer en Septiembre”, ambos seleccionados no Festival de Cans. Máis tarde chega a curtametraxe “Area” producido por Matriuska (Festival de Cans, Taratsa IFF, Buriem FF, Zinebi).