Cando:
6 de Outubro de 2018 @ 10:00 – 18:00
2018-10-06T10:00:00+02:00
2018-10-06T18:00:00+02:00
Onde:
BenComún Espazo
Torre Lombarda
1 Baixo
Prezo:
40
Contacto:
BenComún Espazo
988 680 892
Obradoiro de Escrita Creativa con Clara do Roxo
Obradoiro de Escrita Creativa con Clara do Roxo

O Obradoiro

Propoño unha andaina sen fronteiras dende o maxín ate o texto. OBXECTIVO: CREAR. Cando digo sen fronteiras é porque imos levar como única equipaxe a imaxinación, o atrevemento, a liberdade e mesmo a transgresión. Imos crear coma nós mesmos/as, improvisando ou reflexionando, co atrevemento de inventar o que non está escrito. Lectura. Consecuencia da lectura é a escritura. Para escribir é preciso ler, ler e ler ate quedar prendidos das palabras, engaiolados, marabillados. Nos libros atoparemos ideas e recursos. Chegados a este punto pecharemos o círculo, porque a lectura é o motivo da escritura.

HORARIO

5 horas de obradoiro intensivo: de 10h a 13h e de 16h a 18h.

PERCORRIDO

Imos comezar pola narración breve, traballar o relato. Terror, amor, historia, erótica, comedia, surrealismo, realismo, actualidade … non poñamos límites.

A práctica será a base fundamental do obradoiro, practicaremos cos ollos e as orellas do noso maxín aleutas e ben abertas a calquera proposta.

OBXECTIVOS

  • Buscar a claridade. Atopar a ESENCIA da historia.
  • Coñecer os recursos literarios e utilizalos na escrita.
  • Aprender a corrixirse. CORRIXIR é tan importante como escribir. Teremos que desprendernos do que sobra. PODAR.

ORGANIZACIÓN DA SESIÓN

  • Entrega de documentación
  • Mesturaremos teoría con práctica.
  • En primeiro lugar aprenderemos as técnicas e os trucos de escritura. Falaremos do punto de vista e os tipos de narradores, da descrición, da creación dos personaxes e da trama.
  • Escribiremos dous exercicios nos que poremos en práctica a teoría aprendida. Os textos que se escriban leranse no obradoiro. Desmontaremos as escritas, buscaremos erros e proporemos cambios.
  • Levaremos para a casa eses exercicios, para revisalos e melloralos. Enviarédesmos por correo electrónico e devolvereinos corrixidos para que aprendades dos erros e dos acertos. Dese xeito o obradoiro queda vivo e non se reduce só ás horas que imparta.

 

Clara do Roxo
Clara do Roxo

Clara do Roxo

E directora do obradoiro literario de escrita creativa Aliteraclara. É profesora de escritura creativa en El Portal del escritor. Dirixe o curso de Iniciación al relato.

Imparte cursos de arte e literatura para a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e no café-teatro De Catro a Catro.
Preside Asociación cultural Catropatacos, na que se realizan actividades culturais e de apoio á lingua galega.
Pertence ao colectivo de escritores e músicos 4ghatos