Cando:
3 de Novembro de 2018 @ 10:00 – 20:00
2018-11-03T10:00:00+01:00
2018-11-03T20:00:00+01:00
Onde:
BenComún Espazo
Torre Lombarda
1 Baixo
Prezo:
100
Contacto:
BenComún Espazo
988 680 892
Obradoiro Encadernación Copta con Isabell Seidel @ BenComún Espazo

Neste obradoiro, impartido por Isabell Seidel aprenderemos e poremos en práctica a técnica de encadernación copta, a través da elaboración dun caderno de debuxo en formato 17,5 x 18,5.

Obradoiro intensivo 8 horas: 10 a 14h e 16 a 20h.
Suxeito a un mínimo de 8 prazas e un máximo de 12.

Prazo de inscrición ata o 31 de outubro.

Facilitaranse as ferramentas necesarias (agullas, punzóns, coitelos, etc.), así como os materiais (cartón gris, papel apto para acuarela, fíos para coser as tapas, fío de encadernación, ollais, elástico…).

A encadernación Copta foi das primeiras formas de preservar uns cadernos pequenos escritos cunhas tapas, de madeira, e todo o conxunto, caderno pequeno e tapas, unidos mediante un cosido, normalmente con nó cadeneta.
Este sistema precisa poucas ferramentas para levalo a cabo, e iso, xunto co feito de que se presta a decoralo con todo tipo de materiais, fixo que non perdese a súa vixencia. Proba diso é que hoxe día séguese realizando e é usada por unha gran cantidade de artesáns e de amantes da encadernación.