Punto e Coma Ourense e a Libraría Aira das Letras (Allariz) organizan este contacontos do Caxoto Cativo, para celebraren conxuntamente, e con moito orgullo, a última contada da tempada.

Un contacontos para pór en valor a diversidade de gustos, apetitos e atraccións.

E lembrade que esta mesma actividade ten lugar o mesmo día en Punto e Coma Ourense (Rúa da Paz, 15), ás 12:30h.

Público familiar.
Duración: 50 minutos.
Entrada de balde ata completar capacidade.