Cando:
11 de Maio de 2019 @ 21:00 – 22:30
2019-05-11T21:00:00+02:00
2019-05-11T22:30:00+02:00
Onde:
BenComún Espazo
Praza Torre Lombarda
1 Baixo. Allariz
Prezo:
Varios prezos (ver descrición)
Contacto:
BenComún Espazo
604 003 873
Robin Hood. Caspervek Cine mudo con música en directo @ BenComún Espazo

Robin Hood, de Allan Dwan (EEUU, 1922. Versión reducida 94 min), será a 2ª película proxectada deste novo Ciclo de Cine e Música en Directo con Caspervek

Para esta ocasión, Caspervek contará ademais cunha convidada de luxo: Laura Lorenzo, frautista da ‘Joven Orquesta Nacional de España’ (JONDE)

Lembrade que as proxeccións realizaranse no local de BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1 Baixo, Allariz).

Ricardo Corazón de León (Wallace Beery), un rei xusto e bondadoso ao que aman e respectan os seus súbditos, decide ir a Terra Santa co seu exército para loitar nas Cruzadas. Vai acompañado do Conde de Huntington, o seu leal e valeroso lugartenente. Na súa ausencia, ocupa o trono de Inglaterra o seu irmán, o príncipe Juan (Sam De Grasse), que goberna con man de ferro, oprimindo aos máis débiles e sumíndoos na miseria. O único home que pode acabar con estes agravios é un enigmático fuxido que vive no bosque de Sherwood e que se fai chamar Robin Hood (Douglas Fairbanks).

Xa podedes mercar ou recoller o voso abono na Fundación Vicente Risco (sábados e domingos de 12h a 14h) ou en BenComún (luns a venres de 9h a 14h e de 16h a 18h).

Prezo dos abonos:
1.- Amigos/Mecenas da Fundación Vicente Risco, amigos de BenComún Espazo e socios de Vía Vella de Ponte Canedo: 40,00 €
(Para ser Amigos/Mecenas da Fundación Vicente Risco só tendes que facilitar os vosos datos: nome, nif e endezo fiscal. Un teléfono de contacto. Un correo electrónico no que vos comunicar as actividades da Fundación).
2.- Público en xeral: 50,00 €
3.- Entradas soltas: 15,00 €

Películas do IV Ciclo:
– 23 febreiro: “Sherlock Junior”
– 11 maio: “Robin Hood”
– 5 outubro: “O home da cámara”
– 16 novembro: “Häxan. A bruxaría a través do tempo”.