Cando:
24 de Novembro de 2018 @ 10:00 – 20:00
2018-11-24T10:00:00+01:00
2018-11-24T20:00:00+01:00
Onde:
BenComún Espazo
Torre Lombarda
1 Baixo
Prezo:
50
Contacto:
BenComún Espazo
988 680 892
Taller de Lectura e Interpretación Poética con Silvia Penas @ BenComún Espazo

Taller de Lectura e Interpretación Poética impartido pola poeta Silvia Penas, no que se traballarán os seguintes contidos:

Técnicas e exercicios básicos para un quentamento vocal: relaxar os músculos da cara e o pescozo, vocalizar e procurar unha dicción o máis limpa posible. Buscar o ton da nosa interpretación dentro do rango de posibilidades que ofrece a cadaquén a súa propia tesitura vocal.

Dominar a expresión facial e corporal: acompañar as palabras co ollar e a expresión facial, por afinidade ou por oposición. Buscar a empatía do público a través da intencionalidade dos xestos.
Posición corporal, acompañamento coas mans, etc.

Ton e interpretación oral: Buscar as diferentes posibilidades de lectura que ofrece un texto e interpretalo en base a unha intención e un sentido concretos. Transmisión comunicativa a través de textos poéticos.

Indagar na oposición “interpretación oral vs. interpretación teatral”: semellanzas, diferenzas e límites.

Obradoiro intensivo 8 horas: de 10h a 14h e de 16h a 20h.
Prezo: 50€
Prazas limitadas.

Silvia Penas

É profesora de lingua e literatura galega.

Como poeta foi galardoada en diversos certames como o premio de poesía da Universidade de Vigo 2005, co poema en cinco partes intitulado Neste bosque. En 2007 foi premiada no certame para creadores novos da Xunta de Galicia Gzcrea, coa serie de poemas A tiranía do des.

En 2010 publica en coatoría con Elvira Riveiro, o poemario Biografía da multitude, premio Victoriano Taibo 2009. En abril de 2013 publica As uñas crecen, poemario gañador do certame Manuel Lueiro Rey de poesía. Tamén en 2013 publícanse As xeorxicas do pan, de Otero Pedrayo, do cal e editora. En 2015 publica Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, poemario gañador do Certame de poesía Avelina Valladares dese mesmo ano.

Desde 2002 participa en numerosos recitais como membro do colectivo Redes Escarlata.

Gañadora do I Slam poetry Vigo e do Slam Arousa. Seleccionada para participar no Gran Slam Internacional de Barcelona que se celebrou en marzo de 2013 e no Poetry Slam Nacional de Madrid.

Actualmente é a voz e a letrista do proxecto Cintaadhesiva.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *