Cando:
8 de Decembro de 2018 @ 08:45 – 9 de Decembro de 2018 @ 16:00
2018-12-08T08:45:00+01:00
2018-12-09T16:00:00+01:00
Onde:
Xeitura Soc. Cooperativa
Rúa Portovello
s/n. 2ª oficina Festival Int. de Xardíns de Allariz
Prezo:
40€ - 50€
Contacto:
Xeitura Soc. Cooperativa
609 474 976
Xornadas do Románico Allariz 2018 - Xeitura @ Xeitura Soc. Cooperativa

Un día e medio para percorrer, no marco das Xornadas do Románico, ata 9 Igrexas de orixe Románica, co acompañamento de Xeitura S. Coop.
Sábado 8 decembro: San Breixo de Queiroás, San Xurxo da Touza, San Pedro da Mezquita, San Munio d’A Veiga e Santa Mariña de Augas Santas.
Domingo 9 decembro: Santa María de Vilanova, San Pedro, Santiago e Santo Estevo de Allariz.

INSCRICIÓNS E PAGO ONLINE: https://bencomun.gal/product/xornadas-do-romanico/

PREZO ANTICIPADA: 40 EUROS (ata o día 2 de decembro incluído).

PREZO NORMAL: 50 EUROS (a partir do día 3 de decembro).

Programa Xornadas Románico 2018 (GALEGO)

Programa Jornadas Románico 2018 (ESP)

INCLÚE:
• Acompañamento guiado con Guía Oficial de Galicia.
• Xantar sábado e domingo incluídos.
• Seguro de Responsabilidade Civil.
• Servizo de transporte en autobús durante todo o día do sábado.
• Abono para visitas de balde e sen límite de duración aos seguintes museos do Concello de Allariz: Museo do Coiro, Museo Galego do Xoguete e Museo da Moda.
Descontos para compras dende o día 1 de novembro nos seguintes establecementos.
◦ FINA REI: Repostería – 10%
◦ MARUXAIRAS : Libraría de Libros lidos – 10%
◦ FÍO DE LIÑO: Café Restaurante – 5%
◦ AIRA DAS LETRAS: Libraría – 5%
◦ BENCOMÚN ESPAZO : Agasallo, con cada inscrición, do libro Querido H.P.Lovecraft (gañador do Premio Antón Risco de Literatura Fantástica).
◦ RESTAURANTE CAMPING OS INVERNADOIROS – Participación no sorteo de 1 Xantar para 2 persoas de balde (a celebrar durante o propio xantar, o domingo 9).