Teño medo. Outra vez aquí, vendo esa lona decolorida de vacas pastando. Non entendo que sentido lle vén a colgar xusto aquí esto. Segues latexando? Eu quérote moitísimo, pola vida. Quixen e quero a tódolos teus irmáns.  Pero agora, sobre tódalas cousas, quérote a ti, meu pequerrecho. Ou pequerrecha.

– Helena Outeiriño?
– si, eu.
– faga pis neste bote e pase a consulta.
Alá imos. Faime un sinal. Dime que me queres, que segues aí, mordeme un ril, que sei eu. Dime que queres que sexa a túa nai, que queres que che ensine o mundo, e que te arrole cada noite.
-quitese a roupa de cintura para abaixo, colla unha saba e suba a padiola.
Outra vez escarrancharse. Uns minutos de pánico, relaxando os músculos da miña pelvis, para que ese cacharro entre pola miña vaxina. Para verte.
-embrión de 3mm. latido positivo. Non chore señora.
Si que me queres…