“Amor. Só amor”… Esperto tan só con oír esa palabra.
“Amor. Só amor”… Oio de novo, e miro en todos os recunchos para ver se hai alguén.
“Amor. Só amor”… Oio de novo, e dou un chimpo na cama ao escoitar isto e non ver a ninguén.
“Amor, só amor”… Oio de novo na nada. Cando me decato, vexo que só é a miña mente, que me xogou unha mala pasada. Agarro ese corpo que me abraza, me bica e me segue sempre a todas as partes. Un corpo espido, esbelto e humilde, que roza os meus beizos de novo, cousa que non acontecía dende había tempo. Ese corpo inmaculado que me repite tantas veces a palabra, inexistente, imposíbel… Que soa no meu corazón.