Estaba hoxe aquí, nesta punta da igrexa. Tiña vinte e un anos, e estaba moi nerviosa. Víao a el, na outra punta da capela, agardándome dende había tempo. Eu tamén o estivera agardando. O cura estaba ao seu carón, e souben que era o momento.
Camiñei cara a el, que me agardaba na outra punta. Agasallárame a VIDA, dérame a coñecer… Levabamos namorados dende os catorce anos. Coñecérao nas festas do pobo: era alto, guapo e moreno, fumaba e falaba cos seus amigos nunha esquina.
Comezamos a falar, a rir e ir á misa xuntos, ata que… Chegou ESTE día. Cando o cura rematou de predicar, pousou a súa man sobre a miña, agarroume pola cadeira coa outra man e os meus beizos rozaron os seus.

Nota: Este microrrelato preséntase “fóra de concurso” a petición da persoa que nolo enviou.