Sempre fun unha tola da ortografía e da gramática. Como me doe ler un “ai moitos carravouxos haí” ou un “bou ha Orense”. Mais neste intre o que máis desexo é que a túa mensaxe de Whatsapp esté equivocada, errada, que sexas un patán e confundiras o lugar correcto onde colocar a coma. Só sinto ganas de correxirte e despois darche a resposta que tanto ansío que coñezas. Mais sei que tan só é a miña interpretación do teu pasotismo cara á miña persoa. Por moito que lea, relea, escriba e non me atreva a enviar, a túa mensaxe é moi clara : “Dime, que me queres?”

Mataría por borrar a túa coma e poder responder:  QUÉROTE.

Mais, finalmente, tras varios minutos dubidando, respondo:  Teño atascado o inodoro, cando podas ven botarlle un ollo. Grazas.