Eres ti seino!.

É a túa alma a que me atrae…

Engaiólame ollar a túa boca con tanta intensidade coma aquel día o fixeche ti. Foi naquel intre, cando me decatei que tamén desexabas bicarme…

Aínda que non pudo ser, para min foi coma se sucedese. Non bicaches os meus beizos pero sí a miña alma e dende aquela son máis feliz.

Decir que che quero é pouco porque iste sentimento vai máis alá…

Que nos atopásemos nesta vida fai que eu sexa alguén novo, que queira superar os meus medos e ver todo doutra cor.

Grazas de corazón!…Sei que estamos xuntos nisto…É algo tan marabilloso e tan puro que todas as persoas deberían sentir algunha vez: estes pensamentos, esta paixón, esta fantasía…