Este é o meu primeiro ano de instituto. Conservo todos os meus amigos da infancia, pero facémonos maiores e as cousas cambian. Sinto que non me escoitan e non podo dicirlles o que me pasa. Cando nos atopamos, a forma de saudarnos é diferente: uns danse golpes, outros dinse palabras que máis parecen insultos. Eu sei que me queren, porque son meus amigos…

Despídome como o fan todos e regreso á casa pensando: “Dime que me queres e trátame con agarimo”.

Un comentario sobre “Dime que me queres…

Comments are closed.