Os seus beizos tocáronse, levemente, desfacendo a timidez daquel catorce de abril. As sabas cheiraban a chama de amor, os corpos achábanse entrelazados nun iceberg de amarga paixón.

Alguén chama á porta, sobresáltanse. Ela chora, el rumoréalle algo e saca un papel do peto para darllo, acaríñaa e vaise.