Dende a xanela, podo escoitar o mar. A súa raiba arrástrame, afoga os meus medos, para máis tarde devolverme ó areal a salvo dos seus reproches.

É ó lugar a onde volvo obsesivamente para atoparme contigo.

Dime que me queres, escribo na area mollada.

O salitre mantén a túa esencia sempre viva.

Un fogar sen portas, como ti me ensinaches, mamá.

A túa alma fai tempo que non está con nós.

Unha estrela de mar  sorrí con ollada complice.

Ela coñece o noso segredo.