Cada canción que escoito que me recorda cousas minimamente bonitas faime chorar. Choro dun modo que non podo controlar. Non por mágoa, choro para eliminar os litros de bágoas que teño dentro. Serán as hormonas dime teu pai. Serán os nervios, as incertidumes, serán… O que pasa é que preciso saber que vas estar ben, que este 2020 por fin serei o teu monstro dos bicos. Sei que me queres, non preciso que mo digas, só preciso que nazas, san. E quererte máis do que te quero agora, porque sinto que me teño que controlar estas ganas inmensas de quererte por se acaso non chegas a nacer con vida. Un absurdo, xa te quero, como quixen ós teus irmáns sen nome, pero cada día un pouco máis a ti. Será esto o que fabrica os litros de bágoas que controlo no interior ata que soa algo bonito, e de repente desparrámanse.