Sabía que tiña algo que dicir porque un latexo grande e quente fervía no seu interior espallando un mundo de cores e sons, de personaxes e historias que percorrían todas as súas arterias, que enchían os seus ollos e mesmo saían pola súa boca en forma de palabras nunca aprendidas, de paisaxes nunca vistas. Intentou sen éxito, acalar ese mundo interior, non darlle folgos ós que compoñian teorías sobre a súa saúde mental; pero xa non había cancelo que contivera aquela posesión viscosa, morna, a veces sutil e outras tumultuosa que a conducía a un estado de ebriedade absoluto.

Aquela mañá decidiu non loitar máis contra sí mesma e tímida colleu un papel e un lápiz e case tremendo abriulle as portas a todo aquello que vivía no seu interior e comenzou a escribir: dime que me queres…e eso foi sólo o principio.