El sabía que no seu pulso había máis que un reloxo, alí estaba todo o tempo dunha vida, todos os fillos, a guerra infame, as mans xerminando á terra, as bágoas contidas, as risas das partidas dos domingos. Alí estaban todos os aloumiños perdidos, o polvoriño do inverno e as cores de outono, a sorpresa da vida nas primaveras e os mollos dourados de centeo baixo ó sol do verán. Estaban os solpores laranxas tralas serras e o orballo milagreiro de san Xoan…pensando niso, naquel agasallo que o avó Pepe lle fixera, reparou en que o reloxo se parara e de súpeto unha frase veulle á mente, como se a oira desde dentro: “dime que me queres”.

Sonou o teléfono:

-O avó faleceu…

O reloxo funcionaba de novo e el comprendeu que o agasallo non era o reloxo se non o amor que ficaba para sempre nos segundos do tempo