• ¡Paco! ¿Onde están as chaves do coche? Que vou chegar tarde.
  • María, quérote.
  • ¡Que dis oh! Axúdame a buscar as chaves.
  • Digo que te quero, eu quérote.
  • Vale, mira ver si as tes na chaqueta.
  • María, dime que me queres.
  • Déixate de parvadas e busca.
  • Pero ¿por qué non mo dis? Eu quérote.
  • Paco por favor, que teño a reunión cos xefes e vou mal de tempo.
  • Dime que me queres ¿por qué che costa tanto?
  • A ver Paco ¿vasme levar de viaxe o Xapón?
  • ¿Qué? Non temos cartos para eso, xa o sabes.
  • Pero a min gustaríame ir, dime que me vas levar.
  • Non te podo levar porque non temos diñeiro.
  • Da igual, dime que me vas levar.
  • Non te vou mentir, porque te quero.
  • Pois eso mismo Paco.