As bágoas inundaban os meus ollos.
De súpeto empecei a suar, estaba esperando unha resposta que abriría un grande oco no meu magullado corazón. O médico mandoume entrar no cuarto.
Vin a miña nai, estaba na cama. A luz cegadora das lámpadas deixoume ver con claridade os numerosos tubos que estaban introducidos nela, acerqueime,colleume da man , e bisboume moitas cousas que debido á miña profunda tristeza non logrei entender. Só escoitei unha cousa que non me fixo pensar un segundo a miña resposta…
Quérote.