Dóenme tódolos osos, non atopo postura nesta cadeira, non podo deixar de mirar o meu velliño, a dor non o deixa estar quedo, non atopa sosego.

O seu ollar está perdido nalgún punto do teito, os beizos apertados, o corpo agarrotado contraído pola dor, os seus dedos aférranse os meus tan forte que teño a man sen circulación. Da súa gorxa sae un murmurio, non podo entenderlo, o seu corpo volta a convulsionar outra vez, Deus teño medo, chamo a enfermeira, mil bágoas esbáranme polas meixelas e mollan o peito de meu pai.

Choro e rezo mentres a morfina o somerxe nun soño profundo.

Quedo adormecida un intre, cando espero non escoito a súa respiración sibilante, o pánico apodérase de min, desesperada axítoo, chamoo e bérrolle….

– Papá esperta, abre os ollos…

– Papá, non me deixes, aprétame forte, dime que me queres, volta papá.