Aquí iredes vendo os microrrelatos presentados ó concurso. A partir do 3 de decembro, poderedes votar o microrrelato que máis vos guste, para o Premio do Público.

Arranxos varios

Sempre fun unha tola da ortografía e da gramática. Como me doe ler un “ai moitos carravouxos haí” ou un “bou ha Orense”. Mais neste intre o que máis desexo é que a túa mensaxe de Whatsapp esté equivocada, errada, que sexas un patán e confundiras o […]

Ensíname…

Ensíname… Ensíname a quererte, a curar o meu corazón cuando pronuncias tales vocabúlos: monótonos, indiscretos. Podo aprender baixo o paraugas do teu terso espírito. Podo mergullar ata o derradeiro poro da miña pel na túa vitalidade […]

AMOR NAS NUBES

O sol loce no fermoso ceo azul, corro e brinco polo sendeiro que percorre entre as frondosas árbores ata chegar o cume do monte. Dende aló enriba vense pequenos pobos espallados pola ladeira. Séntome na herba verde e fresca salpicada de pequenas […]

Muller

Dime que me queres, veña. Dime que me queres! coma cando me partiches a boca e logo chorabas ao pedir perdón, ou coma cando me obrigabas a deitarme contigo naquelas noites que chegabas contento despois de saír por aí cos teus amiguiños, e eu […]

ETERNAMENTE

Despois do primeiro bico e deixándose levar pola candidez do romántico momento, ela mirouno aos ollos e dixo: “dime que me queres”. El obedeceu e contestou: “quéroche”. Logo seguiu unha pregunta: “Canto? A resposta non se fixo de esperar: “Moito”. […]

Teño Medo

Dóenme tódolos ósos, non atopo postura nesta cadeira, non podo deixar de mirar o meu velliño, a dor non o deixa estar quedo, non atopa sosego. O seu ollar está perdido nalgún punto do teito, os beizos apertados, o corpo agarrotado contraído pola, […]

Penélope mudou o espertador

Penélope cambiou o continuo tictac do espertador que trouxo de Holanda por un aparello chino moito menos interesado no tempo. Aínda con menos interese, ao seu carón, Ulises agradecía o silencio. A media mañá, a súa muller, erguía o peso dos dous. […]

Amor para toda a vida

Cando chegaches á nosa vida, tan pequena, engurrada e negra, revolucionáchela por completo. Con só 2 meses fuches arrancada da túa familia biolóxica. Só precisamos cruzar unha mirada para sentir que o noso era un amor para toda a vida. Cousiña […]

Velliño

Dime que me queres meu velliño. Deixaches de ser meu pai  e convertícheste en meu fillo por esa enfermidade que lle chaman do esquecemento. Mirábasnos a cara como si estiveras perdido. Agora dende alí arriba axudanos s seguir vivindo Eu a ti sí que […]

A Voda (microrrelato fóra de concurso)

Estaba hoxe aquí, nesta punta da igrexa. Tiña vinte e un anos, e estaba moi nerviosa. Víao a el, na outra punta da capela, agardándome dende había tempo. Eu tamén o estivera agardando. O cura estaba ao seu carón, e souben que era o momento. Camiñei […]

Venme buscar

Xa llo dixeran había tempo, ia ser difícil dar con aquel corpo, ou co que quedaba del; pero dende ben pequena aparecíaselle en soños e bisbáballe con aquela voz agarimosa “venme buscar”. Non podía morrer sen tela nos seus brazos. Noventa anos, con […]

Besta

Sentía o frío a morderlle na pel, naquelas mans súas tan pequenas. Os seus dedos estaban aferrados ó arco de madeira, que apuntaba cara o chan. Ela movíase con sixilo entre as gallas baixas das árbores, seguindo aquel rastro que parecía non ter. […]

Quería escoitarcho dicir

-Escoita Manuel. -Que queres Lola? -Dime que me queres. -O que? -Dime que me queres. -Pero muller, estamos na misa. Fala baixo. A que ven iso agora? -Levamos corenta e dous anos casados e coido que nunca mo dixeches. -Estás a facer que me sinta […]

Ultimátum

Dime que me queres.Pero esta vez, se consecuente coas túas verbas, porque non terás máis oportunidades, terás que demostralo con feitos e deixar a un lado a túa ambición desmedida, xa que o teu tempo está a piques de esgotarse e non pareces darte […]

3mm

Teño medo. Outra vez aquí, vendo esa lona decolorida de vacas pastando. Non entendo que sentido lle vén a colgar xusto aquí esto. Segues latexando? Eu quérote moitísimo, pola vida. Quixen e quero a tódolos teus irmáns.  Pero agora, sobre tódalas […]

I CONCURSO DE MICRORRELATO BENCOMÚN ESPAZO

1º Concurso de Microrrelato BenComún Espazo

BASES

1. O concurso está aberto a calquera persoa física. Cada autor/a pode presentar tantos microrrelatos como considere.

2. O ámbito temático co concurso é a frase: DIME QUE ME QUERES.

3. O relato, que deberá estar escrito en galego, conterá, como máximo, 150 palabras. Deberá contar con título e texto. O límite das 150 palabras é só para o texto do relato.

4. Prazos:

Entre os días 9 de setembro e 2 de decembro do 2019 poderedes colgar os micro-relatos. Para iso tedes que rexistrarvos na páxina web . Se xa vos rexistrastes con anterioridade, ese rexistro segue sendo válido, podedes empregalo.

Do 3 ao 30 de decembro do 2019 estará aberto o prazo de votación.

5. Premios:

  • Premio do público: Cesta con produtos de Allariz e Lote de libros
    A xente poderá votar os relatos na páxina web.
  • Premio do xurado: Figura do Guerreiro de Armea, Cesta de produtos de Allariz e Lote de libros.
    ditame do xurado publicarase o día 3 de xaneiro do 2020.

Os premios entregaranse durante o Festival Allariz Debuxado 2020 (última fin de semana de xaneiro ou 1ª de febreiro).

6. O/a autor/a cede o relato para que Aira das letras poida incorporalo nos seus marcapáxinas ou postais e para unha publicación solidaria. Os beneficios de dita publicación, de facerse, destinaranse a unha asociación sen ánimo de lucro. Aira das letras comprométese a que apareza o nome do/a autor/a.

7. No caso de que o/a gañador/a do público e do xurado coincidan, só se dará un premio (o do xurado).

8. Se nestas bases quedase algunha cuestión sen precisar, corresponderalle ao xurado establecer dita cuestión, e se non o fixese, á organización do certame.

9. A participación neste concurso implica o coñecemento e aceptación íntegra destas bases.

 

O luns 9 de setembro incluiranse nesta mesma páxina as instruccións detalladas para publicardes os vosos microrrelatos.

 
  1. Se xa tes unha conta de usuario para crear artigos (se xa te deches de alta ou se xa participaras en anteriores edicións do Concurso de Microrrelatos da libraría Aira das Letras, preme aquí, indentifícate e despois preme en “Novo Artigo” (no alto da páxina) para crear o teu artigo incluíndo o título e o texto do teu microrreolato.

  2. Se inda non tes unha conta, preme aquí e rexístrate. Asegúrate de seleccionar “Colaborador/a” como Tipo de Usuario, e indica un correo-e e un contrasinal. Segue os pasos para finalizar o rexistro (recibirás un correo-e para confirmar a conta), e despois segue as indicacións do punto 1.
Os microrrelatos deberán ser aprobados por un administrador do concurso, polo que quizais debas agardar un anaquiño ou unhas horas (dependendo da hora á que o crees) a que o teu texto apareza publicado.

Tes algún problema para subir o teu microrrelato?
Escríbenos un correo-e a admin@bencomun.gal ou unha mensaxe privada no Facebook de BenComún Espazo.

Un comentario sobre “1º Concurso Microrrelato BenComún Espazo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso das cookies + Info

Os axustes de cookies neste sitio web están configurados como "permitir cookies" para che ofrecer a mellor experiencia de navegación posible. Se continúas a usar este sitio sen cambiar a configuración das cookies ou fas clic en "Aceptar" a continuación, estás a aceptar estas condicións.

Pechar