Información sobre actividades impulsadas dende BenComún.
Unha axenda con tódolos cursos, xornadas, obradoiros, concertos, proxeccións… Calquera actividade que se vaia realizar no noso local, ou aqueloutras en cuxa organización BenComún Espazo estea involucrado, aparecerán nesta sección.

Mar
9
Sáb
2019
Curso de Gravación de Vídeo con Cámara DSLR ou Mirrorless
Mar 9 @ 10:00 – 14:00
Curso de Gravación de Vídeo con Cámara DSLR ou Mirrorless @ BenComún Espazo

Tíralle todo o proveito á túa cámara! Obradoiro recomendado para todas e todos aqueles que queiran iniciarse na gravación de vídeo con cámaras fotográficas DSLR (reflex dixitais), ou micro catro terzos (Mirrorless).

Obradoiro impartido por Marcos Casas.
Data:
9 de marzo
Horario:
de 10h a 14h

Inscrición e pago online: bencomun.gal/curso-de-gravacion-de-video-camara-dslr-ou-mirrorless

Aspectos a tratar no obradoiro:

• Vídeo con DSLR. Vantaxes e desvantaxes.
• Configuramos o estilo de imaxe: O aspecto cinematográfico. Preparando a cámara.
• Velocidade de obturación.
• Apertura e ISO.
• Axuste de brancos.
• Composición e encadre.
• Planos, tipoloxía e significación.
• Movementos de cámara.
• Estabilizando a cámara.
• Dúas regras a ter en conta ao gravar: Regra dos 180º. Regra dos 30º. Comprensión.
• Accesorios e complementos para a gravación de vídeo.
• Audio no vídeo con DSLR.