Información sobre actividades impulsadas dende BenComún.
Unha axenda con tódolos cursos, xornadas, obradoiros, concertos, proxeccións… Calquera actividade que se vaia realizar no noso local, ou aqueloutras en cuxa organización BenComún Espazo estea involucrado, aparecerán nesta sección.

Xan
31
Ven
2020
Allariz Debuxado. IV Festival da Arte da Ilustración
Xan 31 @ 12:00 – Feb 1 @ 19:00
Allariz Debuxado. IV Festival da Arte da Ilustración @ Allariz

Programa do IV Allariz Debuxado, Festival da Arte da Ilustración.

Venres, 31 de xaneiro

📍Fogar dos Maiores (Campo da Barreira, 3

12:00 Inauguración do festival. Interveñen a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o director de Aira editorial, César Lorenzo Gil.

12:15 Cómo ser dibujante (y que te paguen). Relatorio de David Lafuente.

17:00: Detrás del telón. Relatorio de Ester García.

19:00: Ilustrando a Tolkien y Lovecraft. Gracias y desgracias del “fan art”. Relatorio de Tomás Hijo.

📍Café Catro Portiñas (Rúa de Emilia Pardo Bazán, 11

23:00: Concerto do dúo Piratas sen parche.

Sábado, 1 de febreiro

📍Praza de Abaixo

A partir das 11:00 e até as 20h00, en horario ininterrompido, III Feira da Creación (*)

📍 Sede da Fundación Vicente Risco (Rúa de San Lourenzo, 3)

11:45. Presentación da novela gráfica Grandarroiba de Cristian F. Caruncho.

12:30 Micropresentacións de artistas emerxentes.

11:45-13:30. Sinaturas de obras dos autores participantes no festival.

17:00 A experiencia de Demo editorial. Relatorio de Manel Cráneo.

 

(*) En caso de mal tempo, a feira trasladarase ás instalacións do Museo do Coiro (Rúa da Granxa, 3)