Información sobre actividades impulsadas dende BenComún.
Unha axenda con tódolos cursos, xornadas, obradoiros, concertos, proxeccións… Calquera actividade que se vaia realizar no noso local, ou aqueloutras en cuxa organización BenComún Espazo estea involucrado, aparecerán nesta sección.

Feb
29
Sáb
2020
O gabinete do Doutor Caligari con Caspervek
Feb 29 @ 21:00 – 22:00
O gabinete do Doutor Caligari con Caspervek @ BenComún Espazo

Comezamos con este clásico a nova edición do Ciclo de Cine Mudo e Música en Directo Caspervek organizado pola Fundación Vicente Risco coa colaboración de BenComún Espazo

LUGAR DE PROXECCIÓNS: Local de BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1 Allariz).

Este ano cobraremos ENTRADA INDIVIDUAL para cada sesión:
PREZO: 7€ ( 5€ para mecenas da Fundación Vicente Risco ).

PODERASE RESERVAR ENTRADA EN: info@bencomun.gal /Tel. 988 680 892

SEGUINTES PROXECCIÓNS DO CICLO:
– AS TRES IDADES (9 maio)
– O HOME MOSCA (6 setembro)
– O CORCOVADO DE NOTRE DAME (14 novembro)

‘Das Cabinet des Dr. Caligari’ (título orixinal) é un filme alemán mudo e de terror, dirixido por Robert Wiene e escrito por Hans Janowitz e Carl Mayer que foi estreado en 1920.

É un dos máis influentes filmes do expresionismo alemán e un dos mellores filmes de terror do cine mudo. O guión está inspirado en varias experiencias vividas por Janowitz e Mayer, ámbolos dous pacifistas que desconfiaban da autoridade despois das súas experiencias vividas durante a Primeira Guerra Mundial.

SINOPSE

Sentado no banco dun parque, Francis anima ó seu compañeiro Alan para que vaian a Holstenwall, unha cidade do norte de Alemaña, a ver o espectáculo ambulante do doutor Caligari. Un empregado municipal que lle nega ó doutor o permiso para actuar, aparece asasinado ó día seguinte. Francis e Alan acoden a ver ó doutor Caligari e a Cesare, a súa atracción somnámbula, que lle anuncia a Alan o seu porvir: morrerá ó día seguinte.