Información sobre actividades impulsadas dende BenComún.
Unha axenda con tódolos cursos, xornadas, obradoiros, concertos, proxeccións… Calquera actividade que se vaia realizar no noso local, ou aqueloutras en cuxa organización BenComún Espazo estea involucrado, aparecerán nesta sección.

Dec
27
Xov
2018
Chegaron os cavernícolas! Historia para nen@s con Xeitura
Dec 27 @ 11:30 – 13:00
Chegaron os cavernícolas! Historia para nen@s con Xeitura @ BenComún Espazo

Aínda que chamados cavernícolas, os homes e mulleres prehistóricos eran tan intelixentes coma nós. Ven coñecer e aprender sobre eles e déixate sorprender coa súa tecnoloxía, moito máis complexa do que nós pensamos. Achegarémonos ao mundo da prehistoria e coñeceremos as primeiras representacións artísticas, como as facían, que representaban e por que o facían.

Dirixido a: Nen@s:  de 7 a 11 anos.

Horario: 11:30 – 13:00 h.

Número Participantes:  mínimo para realizar o obradoiro  5 e o máximo 10.

Custo (inclúe todos os materiais empregados na actividade): 12 €/nen@ 

Descontos: familias numerosas e irmás/ns. 10 €/ nen@.

Recomendacións: Traer roupa e calzado cómodo e un pequeno petisco+auga.

Local da actividade: BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1. Allariz)

27 DECEMBRO: CHEGARON OS CAVERNÍCOLAS!

Xan
3
Xov
2019
Non é maxia, é ciencia! Ciencia para nen@s con Xeitura
Xan 3 @ 11:30 – 13:00
Non é maxia, é ciencia! Ciencia para nen@s con Xeitura @ BenComún Espazo

Obradoiro dirixido a nen@s curiosos que se preguntan o como, cando e porqué acontecen as cousas. No obradoiro coñeceremos mulleres e homes que cos seus descubrimentos cambiaron a historia e como eses descubrimentos afectaron á nosa vida cotiá. No obradoiro queremos explorar, investigar, experimentar, comprobar, observar, comparar e descubrir… e moitas outras sorpresas.

Dirixido a: Nen@s:  de 7 a 11 anos.

Horario: 11:30 – 13:00 h.

Número Participantes:  mínimo para realizar o obradoiro  5 e o máximo 10.

Custo (inclúe todos os materiais empregados na actividade): 12 €/nen@ 

Descontos: familias numerosas e irmás/ns. 10 €/ nen@.

Recomendacións: Traer roupa e calzado cómodo e un pequeno petisco+auga.

Local da actividade: BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1. Allariz)

3 XANEIRO: NON É MAXIA, É CIENCIA!