Amais de publicar os nosos libros, Aira editorial pode axudarche a publicar os teus. Temos experiencia en edición comercial e persoal formado en Comunicación, Literatura e Lingua Galega. Tamén en Ilustración e Deseño.
Contamos coas ferramentas principais para a maquetación e ilustración en calquera sistema operativo e estamos actualizados en todas as áreas, polo que podemos asesorarte no teu próximo proxecto.
Aira editorial
www.airaeditorial.gal
info@airaeditorial.gal
988 680 892
EDICIÓN E CORRECCIÓN DE ESTILO, LINGÜÍSTICA E ORTOTIPOGRÁFICA
Temos profesionais que poden axudarche a mellorar a túa obra de ficción, con experiencia en creación, edición e crítica literaria. Traballamos cóbado con cóbado co autor para tirar o máximo partido á súa imaxinación e historia. Relatos, novelas, poesía, ensaio, guións para cómic…
Tamén corriximos orixinais, eliminando grallas relativas á lingua (en castelán e galego) ou ao estilo e puntuación.
Ofrecemos servizo de consultoría artística sobre ilustración (álbum ilustrado, cómic…). Contamos con profesionais de grande experiencia na dirección de arte e na ilustración editorial.
- Revisión de orixinais.
- Avaliación de traballos gráficos ou de ilustración.
- Revisión de probas de imprenta en calquera soporte informático.
En Aira editorial traballamos cun amplo equipo de profesionais da literatura e da ilustración, de recoñecido prestixio e con ampla experiencia.
Contacontos, obradoiros artísticos, presentacións, conferencias… Para centros educativos, asociacións, clubs de lectura, ludotecas e outros espazos que precisan dinamizar a súa actividade con propostas atractivas, vinculadas ou non aos títulos do noso catálogo.
Escríbenos para pedirnos orzamento.
BEATRIZ CABALEIRO – Contacontos
JORGE CAMPOS – Obradoiros gráficos
MIGUEL ROBLEDO – Clínic sobre ilustración para profesionais
MANUEL VEIGA TABOADA – Conferencias sobre historia universal