Aira Editorial xurdiu da libraría Aira das Letras (Allariz). Presentouse publicamente na pasada edición do Culturgal (decembro de 2017) coas súas tres primeiras publicacións que incluían libro ilustrado, poesía, e unha tradución do francés con ilustracións de 22 ilustradoras e ilustradores de Galicia.
O equipo de Aira Editorial está formado por César Lorenzo Gil, director de contidos, Miguel Robledo, director de arte, e Miguel Mosquera, director técnico.

A editorial ofrece, ademais, servizos relacionados coa edición, publicación, impresión e distribución de obra escrita e ilustrada.

airaeditorial.gal