Estaba ceando na cociña, chamoume e leveille o viño tinto que me pedía. Díxenlle que aproveite e el dixome que me quería.

Cando espertei, as bágoas queimaban mentres na miña cabeza enredaba a incesante pregunta: é egoísta que o que máis me doa sexa non terlle dito que o quero no seu final?