A luz póusase sobre min cando pecho as pálpebras e o aire da miña habitación sabe a esperanza.
Os meus dedos retórcense con forza e miles de follas secas caen de vagar sobre a miña cabeza. Logo, un raio percorre as miñas tempas e logran que o meu corpo roce a pel dunha muller descoñecida, habitante dun lugar descoñecido, muller triste, agradable pero triste.
Ao fin, cando os meus ollos deciden observar de novo a realidade do que me rodea normalmente, unha pinga de suor percorre a miña fronte e son consciente de que “ela” existe dentro de min.