Despois do primeiro bico e deixándose levar pola candidez do romántico momento, ela mirouno aos ollos e dixo: “dime que me queres”. El obedeceu e contestou: “quéroche”.

Logo seguiu unha pregunta: “Canto? A resposta non se fixo de esperar: “Moito”. E converteuse en costume que ela fixese esa petición e el respondese o mesmo, ata o día que ela padeceu unha grave enfermidade e el, asustado ante a idea de perdela, cambiou a súa resposta e tras dicir “quéroche”, seguiu un “sempre”.

Agora ela estaba sentada fronte á cama, mirando como a vida del apagábase lentamente e, sufocando o pranto pediulle por última vez: “dime que me queres”. E el, con voz trémula, respondeu: “quéroche”. Canto?… A resposta del tardou un pouco máis pero fíxoa con maior vehemencia, exhalando o último alento: “eternamente”.