Marquei unha liña recta entre unha e outra.  Inspeccionei ben o terreo en busca da entrada.

O final din con ela. Unha burata entre dous carballos.

Os calcetíns por fóra dos pantalóns, a camisola ben metida por dentro. Unhas lubas e por suposto a carauta, todo ben cerradiño con cinta. E o máis importante; os tres botes.

Para que non entren…

Respirei ben forte antes de encender o foco. Ahí vou, co fouciño na man. Limpei a frouma e ía baixando, tanto que deixei de ver a luz de fóra. Agora teño que estar moi atenta, poden aparecer en calquera momento.

Ese estremecedor zumbido … ahí estaban… viñan por min. O gran exército de mosquitos, viña por min! Botei man do botes do flish e empecei a rocialos. Malo será que non acabe con eles.  E veña flish… Morrían, gañaba a loita. Terminei os botes…

Qué me pasa ¿?!! Maréome, doime moito a gorxa e o nariz, árdenme, non podo camiñar, caio o chan mentres vexo brilar o  lonxe …  o gran tesouro.