As bágoas inundaban os meus ollos.

De súpeto empecei a suar, estaba esperando unha resposta que abriría un grande oco no meu magullado corazón. O médico mandoume entrar no cuarto.

Vin a miña nai, estaba na cama. A luz cegadora das lámpadas deixoume ver con claridade os numerosos tubos  que estaban introducidos nela, acerqueime,colleume da man , e bisboume moitas cousas que debido á miña profunda tristeza non logrei entender. Só escoitei unha cousa que non me fixo pensar un segundo a miña resposta…

Quérote.