Camiñan inocentes sobre o que un día foi Antela. Deixando as súas pegadas sobre a súa herba, antes, terra mollada; arrincan unha flor, tiran unha lata.

De súpeto trompican e xa non hai volta atrás. Coma se no medio do mar se atoparan, vólvense náufragos á deriva. Senten como os mergulla a auga, perden o osíxeno e non atopan a superficie. Trágaos a terra, e nunca máis se volve saber deles.

Ás veces Antela volve, e ensínanos como é ser eliminado do teu sitio; así, sen máis, como lle fixeron a ela.