O río do esquecemento leva moitos, moitísimos anos facéndonos esquecer. Esquecer o que aconteceu. Esvaecendo un sentimento de vinganza natural e perigoso.

Xa atrás quedou Antioquía. Xa nun leve recordo temos a lagoa de Antela…

Din que a desecaron pero en realidade ela escapou baixo terra. Escapou por tristura e non por medo. Agora observa como seca e podrece o solo e aló embaixo segue medrando baixo os nosos pés.

Xa ninguén a ten presente mais o certo é que neste momento cubre toda a superficie da Galiza e tan só agarda silenciosa o momento de facernos recordar. Recordar quen nos quixo facer esquecer.

Erguerase con furia e rachará a terra! Coma unha barca marcharemos orgullosos por lembrar quen fomos e quen imos voltar ser. Fillos de Antela, da nosa terra, GALEGOS!