"A ecoinnovación pode ser entendida como calquera actuación innovadora cara á sustentabilidade, reducindo o impacto ambiental no medio e a eficiencia dos recursos naturais empregados, a través do desenvolvemento de novos conceptos, do emprego de materiais con menor impacto ou reducindo o consumo de recursos."

Financiamento e concorrencia: - Ecoinnovación comercial: titorización e impulso de proxectos de sustentabilidade e ambiente no sector comercial. - Asociacionismo comecial e servizos para pemes comerciais.

Beneficiarias: Comerciantes retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia. - Que empreguen menos de 50 traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial. - Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados. - Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. - Asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro. - Asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro (...) que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Actuacións subvencionables: - E-Ticket. - Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cen biodegradables (ata 4.000€. 70%). - Economía circular (1.500€)

· Implantacións de negocios ou liñas de negocios comerciais baseados en procesos de economía circular. · Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con etiquetaxe ecolóxica. · Proxectos de recollida de residuos téxtiles ou alimentarios para a súa reciclaxe.

PREME NA IMAXE PARA + INFO

Subvención para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade por subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables (...)

Prazo: 03/07/2019 - 02/08/2019

Liña 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:  Investigación de mercado; Plan de márketing; Plan de comunicación do negocio; Plan estratéxico do negocio; Plan de crecemento: constitución da sociedade.; Plan de reorientación do negocio; Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio; Plan de refinanciamento.

Liña 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: Compra de maquinaria; Compra de útiles e ferramentas; Reforma do local do negocio; Equipamentos informáticos; Rótulos; Aplicacións informáticas e páxinas web; Creación de logotipo do negocio; Mobiliario.


Subvencións para a innovación, dixitalización e implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal

Resumo das bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal. (ata o 26/05). Precisas axuda coa tramitación ou co teu proxecto? Podes poñerte en contacto connosco 636 889 015 / info@bencomun.gal

Necrópole

Fai tanto tempo que marchaches, mamá. Eu penso sempre en ti, imaxínote comigo, ao fondo deste nicho. Só che podo escoitar hoxe, e ti nin sequera pensas en min. En min aquí, pois vesme ao teu lado, xogando ás agachadas. Pero ese é outro que fai a miña voz, i el si que fita cara aquí, coa miña cara e os meus ollos, porque sabe de boa man que me deixou pecho.

Oxalá puidera contarcho, pero nin recordo a súa cara cando o vin saltar do nicho, tan pequeno coma min, sorrindo. Abrazoume e tirou de min cara o burato, mentres ria. Ría coa miña voz e chamábate a berros.

Este é o día de defuntos, pero eu non o estou. Non vou quedar aquí. Estou seguro de que se te acercas mamá, e descubro como abrir esta porta, abrazareite e poderei saír, facendo a túa voz.



Máis que un bar tapería, Fío de Liño é un espazo de lecer pensado especialmente para gozar da gastronomía e a cultura, situado na marabillosa vila de Allariz.

A nosa carta pretende reflectir unha filosofía de vida a través do compromiso co consumo responsable e a preservación dos recursos naturais, preservando os valores positivos do espazo rural, apostando pola agricultura e gandería ecolóxica. Os nosos produtos teñen que ser o resultado dun modo de vida que se transforma pero que sabe utilizar as súas bases tradicionais respectando o medio, o desenvolvemento sostible e endóxeno e a produción artesanal. En definitiva, unha alimentación baseada no respecto pola persoa e a contorna do medio.

Tel. 629 448 652
www.facebook.com/FioAllariz


O restaurante e hotel Alarico naceu en 1990. Un negocio familiar baseado na profesionalidade e nun excelente e coidado trato ó cliente.
O nome da rúa onde está situado (Rúa Alarico) non é algo azaroso, senón un recoñecemento ó traballo continuado de dúas xeracións na hostalaría alaricana e á iniciativa de salientar o seu compromiso con esta vila poñéndolle o nome de Alarico.

www.hostalalarico.com | info@hostalalarico.com
facebook.com/hostalalarico/

Fina Rei establece os seus alicerces no ano 1971. Na súa orixe, nace coa idea de dar a coñecer a rica repostería da vila de Allariz. E hoxe, tras 40 anos de traballo, podemos afirmar que coa nosa tarefa, conseguimos achegar prestixio e elegancia a unha tradición que se leva desenvolvendo en Allariz dende tempos inmemoriais.

finarrei.com
facebook.com/FinaRei


Galería Circular nace como un novo espazo para a exhibición e promoción da obra gráfica, deseño e libro de artista. Arte para o amante e coleccionista de arte.
Dispoñemos dun importante catálogo de obra gráfica contemporánea, dende artistas consagrados a emerxentes.

Ofrecemos a nosa experiencia a profesionais do interiorismo. Gústanos traballar con equipos creativos.
Convidámosvos a coñecer o fascinante e máxico mundo da Obra Gráfica. Inicia a túa propia colección, elixe e inviste nun valor rendible.

Galería Circular mantén, ademais, unha oferta continuada de obradoiros de temática artística, especialmente para público infantil.

galeriacircular.com
facebook.com/galeriacircular

Todo listo para o Obradoiro de Impresión 3D en BenComún Espazo os días 20 e 21 de abril.

Impartido por Ana Gómez Nogueiras (especialista en modelado e impresión 3D), o obradoiro desenvolverase en dúas clases de 3 horas, en dúas xornadas consecutivas:

  • Venres 20 abril: de 17h a 20h.
  • Sábado 21 abril: de 10h a 13h.

Contidos do obradoiro:
Deseño 3D con Tinkercad. Formas básicas. Modelado. Impresión 3D, tipos, aplicacións e materiais. Outras formas de conseguir un modelo.

Prezo (especial 1º obradoiro): 60€ / persoa

Finalizado o curso, BenComún imprimirá os modelos deseñados por vós e avisaravos cando estean, para que pasedes a recollelos.

O alumnado deberá achegar ordenador portátil propio (Windows / Mac). En caso de non dispoñer del, BenComún dispón de portátiles en alugueiro, a un custo especial de 5€ para este obradoiro.

Podedes enviarnos un email a info@bencomun.gal ou ben informarvos nos teléfonos 988 680 892 / 604 003 873. Lembrade avisar se necesitades un dos nosos portátiles.

Ah! Se queredes estar ó tanto dos cursos, obradoiros, concertos e outras actividades que BenComún organice, podedes subscribirvos á nosa lista de correo-e no noso formulario de subscrición, e recibiredes toda a información antes ca ninguén!


A alma envolta nunha negrura espesa. A noite, neboenta e fúnebre.

Un fume irrespirable.

De súpeto, un destello.

Avanzo coas catro extremidades sobre o chan. Un frío de morte instálase na medula dos meus ósos. Invádeme un medo paralizante. O vento xélido fíreme o rostro.

Outro lóstrego. O resplandor descúbreme o corpo dunha muller de costas, deitada. Ás escuras avanzo cara a ela. O corazón latexa máis rápido. Os meus dedos perfilan a súa silueta morna, comezando polos pés. As mans ascenden. Chegando ó peito detectan un tacto viscoso e quente que se intensifica a medida que se aproximan ó pescozo. Suxeito a cabeza polas meixelas. Suavemente, encaro o seu rostro co meu.

Un violento destello devólveme a verdade: a muller degolada son eu!

Fuxían os tres por un túnel a escuras. El escoitou os ladridos do can, que intuía a traxedia, ela descubriu que era unha vía morta sen saída. Os tempos chegados eran os do fin da humanidade, de pánico infinito nun mundo perdido, de almas en vilo perseguidas por sombras en silencio, por linguas de lume, por bandadas de buitres que voaban sobre os seus corpos sanguentados.
Un vento incandescente baixo o ceo roxo zoaba no holocausto nuclear dun infernal caos planetario. A vida expiraba, sen esperanza nin horizonte.
Antía e Xandre, testemuñas vinculeiras no derradeiro día do futuro pasado, tremolaban de medo acochados ao carón do seu fiel e leal amigo, Roi, pexado polas feridas dunhas pezuñas en carne viva. Os tres estaban acurralados por un apocalíptico “big bang”.


O neno entrou atordado na sala co seu can no colo, sentou no sofá e mirou en derredor. Deixara todo enchoupado: o chan, a alfombra, a mesiña e, agora tamén, o sofá. Todo perdido de auga. Daquela, a porta da rúa abriuse no piso de abaixo, e un tras outro foi sentindo os pasos do pai subindo as escaleiras. Lentos. Acompasados. Como campás que tocan a morto. E a cada badalada, o corazón do neno encollía por culpa do pánico: aínda non chegara arriba, pero case podía velo quitando o cinto para lle sacar —outra vez— o demo de dentro a lategazos. Un último calafrío percorreulle o corpo, volveu mirar a desfeita que organizara, e fechou forte os ollos para ver se as voces lle murmuraban algunha escusa que o puidese librar da malleira. Mais as voces que o obrigaran afogar o can na bañeira, agora calaban.

Como todos os anos desde há uns quantos anos, em qualquer rua de qualquer pais estrangeiro, um jovem alaricano está de aniversário. Sentado na mesa da cozinha abre o Whatsapp com medo pois sabe que cada ano são mais as pessoas que se esquecem de felicitá-lo. “Desde que vim para o estrangeiro é como se não existisse”. Desaparecer dos planos, das conversas e, em definitiva, da memória de seus entes queridos, produzia-lhe verdadeiro pavor. Então lembrou-se duma publicação que vira no Facebook sobre um concurso de contos em Alhariz. Um dos prémios deste concurso era publicar o texto nos marca páginas e postais duma conhecida livraria da vila. “Se um conto meu aparecer nos marca páginas e postais dessa livraria, ninguém poderá esquecer-se de mim” pensou ele. Nesse mesmo instante, deixou o telemóvel na mesa e começou a escrever um conto sobre um alaricano que tinha medo de ser esquecido.