Aira Editorial xurdiu da libraría Aira das Letras (Allariz). Presentouse publicamente na pasada edición do Culturgal (decembro de 2017) coas súas tres primeiras publicacións que incluían libro ilustrado, poesía, e unha tradución do francés con ilustracións de 22 ilustradoras e ilustradores de Galicia.
O equipo de Aira Editorial está formado por César Lorenzo Gil, director de contidos, Miguel Robledo, director de arte, e Miguel Mosquera, director técnico.

A editorial ofrece, ademais, servizos relacionados coa edición, publicación, impresión e distribución de obra escrita e ilustrada.

airaeditorial.gal

Maruxairas conta cunha Libraría de libros lidos -libros de segunda man, pero non só- no mesmo centro do casco vello de Allariz, pero é ademais unha xestora cultural, un centro de ideas e proxectos relacionados coas industrias creativas, a edición e a publicación, o deseño de contidos ou a creación e xestión de produtos culturais e contidos tecnolóxicos.

Maruxairas é unha empresa con diferentes caras pero un núcleo central común: a cultura e as diferentes actividades empresarias que se moven arredor dela.

maruxairas.gal


Punto e Coma defínese como unha tenda de obxectos bonitos que conta coas últimas tendencias que triunfan en todo o mundo. Punto e Coma é máis ca unha tenda de agasallos, é máis ca unha libraría. É ese espazo que imaxinas cando queres perderte entre ducias de obxectos marabillosos e encontrares esa chulada ideal para cada momento, para cada agasallo.

En Punto e Coma podes atopar obxectos de regalo de gran calidade, beleza e orixinalidade para crianzas e público adulto. Tamén poderás atopar obxectos para a casa e para a oficina nos que prima o deseño, así como unha fabulosa selección de libros bonitos para público infantil e adulto, a mellor escolma das máis prestixiosas editoriais: Kalandraka, Impedimenta, Bárbara Fiore, Libros del Zorro Rojo, Combel etc.

Punto e Coma ofrece ademais, como empresa, servizos de deseño, ilustración, maquetación e personalización de produto.

https://www.puntoecoma.gal