Mellor non mo digas, non gastes máis palabras en decir o que non sentes… Trátame como debes e déixame vivir…Non me busques, non me esperes… Ti ao teu e eu ao meu… e cando nos vexamos xogaremos a mentir e finxiremos non termos sabido nunca o un do outro, non sermos nunca o un para o outro… Dime que non me queres, dime que non me esperas… que o portalón da vida xa botou a pecho… e bota a chave ao río de recordos e remorsos que te asolaguen e deixen aló non fondo, no máis escuro das túas culpas e pecados. Déixame en paz, cago na puta, non sei coma non entendes… Fódete, púdrete, que para min es escoria e es pasado. Déixame morrer e déixame vivir sen ti… Déixame esquecer e comezar de novo. Dáme folgos e despois morre en min para sempre!