Como impotente adolescente que era naquel momento, corrín como nunca xamais o fixera, intentando fuxir dos problemas que estaban a afogarme desde sempre. Tan parva me sentía, tan vulnerable, que facía camiño pola escuridade daquela noite de agosto mentres as primeiras bágoas de fastío e tristeza discorrían polas miñas meixelas, acompañadas polos sonoros saloucos. Aos meus pés deixáronme caer diante dunha gran lagoa que xamais vira antes. O reflexo da lúa, xunto cos canteres dos grilos deran cun ambiente máxico, como aquela ninfa que apareceu na beira da lagoa.

“Estás ben?” preguntoume cun sorriso anxelical.

“Estou chorando, ti que cres?” dixen cortante.

Anicouse xunto a min para, logo, darme unha aperta. A súa pel era puro xeo, mentres que a miña asemellaba as labaradas máis ardentes do San Xoán.

“Non me gusta ver á xente chorar” , susurrou no meu oído “Xa chorei eu abondo para encher esta lagoa coas miñas bágoas.”

Separouse de mín para introducirse na auga lentamente. Tan só sorriu outra vez para, logo, desaparecer xunto coa lagoa.